Reactivación da economía

Nesas declaracións salientaba tamén  que “para ser emprendedor no es suficiente tener buenas intenciones“.

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes afirma que as 1200 empresas que desapareceron na Coruña nos últimos catro anos demostran que o problema non se soluciona formando a emprendedores, senón incidindo na economía dende o público para apoiar ao tecido produtivo. Non cabe dúbida de que a formación é un aspecto no que sempre haberá que incidir, sobre todo en tanto en canto a aqueles ámbitos que non se inclúen nos programas educativos de secundaria ou da propia universidade, e a formación para o colectivo de desempregados, iso si, con miras a que obteñan emprego, pois existen moitos cursos que seguen orientado á tríada construción, hostalaría e turismo.

Esquerda Unida esixe que a formación da escola de emprendedores vaia ligada a outras medidas de apoio ao tecido produtivo. Non semella ter moito sentido traballar a formación e prescindir, como fai o PP, doutra serie de apoios e de impulsos, como por exemplo créditos “brandos” ou de asesoría integral para quen ten unha nova iniciativa. Facer isto condena aos emprendedores ao fracaso. Por este motivo, cremos que, paralelas á propia formación, deben desenvolverse medidas encamiñadas a facer máis competitivas as nosas empresas locais como por exemplo: incrementar a eficiencia enerxética, implantación xeneralizada da ecotecnoloxía para obter produtos innovadores de maior valor engadido, creación da xanela única para facilitar os trámites aos emprendedores… Deste xeito o noso tecido produtivo será quen de recuperarse e comezar a xerar emprego, dando unha oportunidade as 22.791 persoas inscritas no INEM e ao resto de paradas que non aparecen rexistrados.

O voceiro de EU-V, César Santiso, sinalou que “para apoiar ao emprendedor non chega con ter boas intencións. De pouco serve investir 400.000 euros en cursos de formación, se por contra o goberno do PP afunde a emprendedores e PEME”.

Relacionados