ferrol.gif - 5.79 Kb

Readmisión das traballadoras despedidas do Plan de Inclusión

 

A nosa organización vén de rexistrar unha petición dunha Xunta de Voceiros urxente que aborde a cuestión. Os prazos xudiciais para interpoñer ou non recurso abonda nas razóns para que a reunión se faga coa máxima urxencia.

 

Esquerda Unida defende a readmisión das traballadoras. O fallo xudicial, emitido polo xulgado do social número 1 de Ferrol, contempla como opción legal –  derivada do fallo que declara improcedente os dous despedimentos    a readmisión das dúas traballadoras.

 

A nosa defensa inclúe a presentación dunha moción para o vindeiro Pleno ordinario no que afirmamos tanto que consideremos negativo que o concello formule un recurso de suplicación contra a sentenza, canto avogamos pola readmisión das traballadoras, que veñen desenvolvendo un traballo necesario dende hai preto de 10 anos. As traballadoras, como recoñece a sentenza,  integraban a equipa de inclusión social, realizando as tarefas propias de dita actividade de integración social atendendo as usuarias e usuarios derivados de todo o concello de Ferrol.

 

E segundo se recolle na sentenza os servizos  prestados por estas traballadoras constitúen unha actividade permanente e propia do concello, ao abeiro do consignado no artigo 6 da Lei 9/1991, de 2 de outubro, de medidas básicas para a inserción social.

 

A maiores queremos facer constar que a outra opción que permite a legalidade laboral vixente, a da indemnización, suporía unha onerosa saída para o concello. Este tería que aboar máis de sesenta e dous mil euros, para de inmediato contratar a outras dúas traballadoras para atender unha problemática que é competencia do concello e que necesita a nosa veciñanza. Suporía pois un duplo gasto nun intre onde a crise  social e a falla de recursos das administracións públicas locais ameaza a cohesión social da nosa cidadanía.

Relacionados