Rebaixa de tasas e subida do IBI

Rubén Pérez, lembra que en a finais de 2011  PSOE e BNG aprobaron no pleno unha subida das tasas nun 3,8%, máis dun punto por enriba da inflacción real, e este incremento sumouse no caso do IBI ao 10% aprobado polo goberno mediante real decreto.

Os salarios teñen decrecido de media en Vigo neste periodo un 6% polo que plantexar exclusivamente unha conxelación afonda na perda de poder adquisitivo dos vigueses e viguesas.

EU considera que sendo o IBI máis do 40% dos ingresos de tasas (case o 26% da totalidade de ingresos nos orzamentos municipais) cómpre actuar sobre este imposto de maneira decidida polo que EU propón un INCREMENTO DUN 100% NO IBI DAS VIVENDAS DESOCUPADAS (entendendo esta como a inexitencia de consumos de auga e luz durante máis de 2 anos) asi como INCREMENTAR O IBI nas vivendas de valor catastral superior aos 100.000 euros.

Esquerda Unida propón que se incorpore a figura do aprazamento sine die nos pagos fraccionados da débeda no entanto o suxeito pasivo se atope no desemprego ou perciba uns ingresos inferiores ao SMI. Na actual situación excepcional de crise, os poderes públicos teñen que ser particularmente sensibles as situacións de desemprego e falla de recursos.

EU tamén propón penalizar fiscalmente aos propietarios de solares urbanos consolidados que non cumpren co deber de edificar cun alza de até o dobre da cota do IBI. No mesmo senso, a penalización tamén fiscal aos propietarios que incumpran o deber de conservar os seus inmobles para provocar a declaración de ruína, decuplicando a taxa cando é o propietario quen a promove.

Do mesmo xeito EU considera que é posible implementar bonificacións como que os planos ou informes solicitados polas entidades sen ánimo de lucro que consten no rexistro de asociacións gocen dunha exención na súa taxa, ao obxecto de facilitar o dereito e o acceso a información por parte do tecido asociativo cidadá.

 

Esquerda Unida entende que as nosas achegas lle entregan as ordenanzas fiscais un perfil  que incide en facelas máis atentas aos sectores sociais especialmente  golpeados pola crise, asemade de avanzar no campo da progresividade fiscal, esto é, que pague máis quen máis ten.

Relacionados