Reclamacións ós orzamentos municipais

 

As reclamacións presentadas, se basan en que os ingresos, a día de hoxe, son insuficientes en relación cos gastos presupostados, dado que os ingresos previstos nos conceptos de IAE,ICIO,Taxas e ingresos pola participación nos tributos do Estado non están basados en previsións reais.

A participación nos tributos do estado, aparece cunha cantidade de 932.401,20€ cando a liquidación do estado recibida nos meses de xaneiro e febreiro do ano en curso foi de 60.681,3€/mes, o que multiplicado por 12 meses nos da un total de 728.175,6€, é dicir 204.225,6€ menos do aprobado nos orzamentos para o 2010.

A evolución dos ingresos no capitulo de taxas é descendente dende o ano 2006 ata o ano 2008, último ano do que poseemos a liquidación.Si temos en conta que as taxas para o ano 2010 estan conxeladas (non sofren nin o incremento do IPC),que as modificacións que se realizaron nalgunhas taxas implica unha menor recadación que antes (taxa de axuda no fogar: a resolución da Alcaldía de xaneiro de 2010 é de 588,04€, o que multiplicado por 12 meses aínda que non sexa mimético sería de 7.056,48€/ano, o aprobado nos orzamentos é de 15.417,19€) non hai novas figuras impositivas, non hai un traballo de actualización de censos, nin un traballo de inspección para que tódolos que perciben servicios paguen, poderemos concluir que a recadación se aproximará ó recaudado no ano 2008, que foi de 481.348,14€ e non ós 629.473,51€ que se aprobaron no orzamento. Polo tanto, e de non tomar novas iniciativas durante o ano 2010, estaríamos aproximándonos a unha recaudación inferior en 148.125,37€

A recaudación polo IAE no ano 2008 foi de 225.000€ o aprobado nos orzamentos para o ano 2010 é de 1.133.971,25€ dado que está contabilizado o correspondente a Reganosa nos anos 2009 e 2010, pero que a día de hoxe non temos referencia algunha oficial que indique a cantidade que lle corresponde ó concello.É máis no día de hoxe, e segundo as información da Alcaldía, Reganosa esta sendo visitada pola inspección de facenda para ver o que lle corresponde pagar.Si Reganosa non paga durante o ano 2010, o desequilibrio sería 908.971,25€

Poderiamos estar a falar dun desequilibrio de máis de 1.000.000€ basándonos en previsións feitas en datos reais, o que siñifica que dado que o orzamento esta equilibrado en gastos e ingresos, 1.000.000€ de gastos presupostados si non muda a situación non se poderán realizar, de ahí que os ingresos sexan insuficientes en relación cos gastos.Realidade está que xa vivimos nós últimos anos no concello de Mugardos, gastos que se presupostan e que despois non se poden abordar por estar o capitulo de ingresos inflado.

O GM de EU-IU, quere reiterar o que manifestou no pleno do día de hoxe, unha vez coñecida a posición dos diferentes grupos municipais:

1.- Non queremos que as nosas previsións se cumplan no capítulo de IAE, queremos que Reganosa pague pola actividade de regasificación que desenvolve no Concello.Temos a planta de gas en Mugardos, pero non contribue en Mugardos.Como consecuencia  ofrecemos a nosa máis absoluta disposición ó grupo de goberno para iniciar tódalas acción pertinentes, incluidas as xudiciais si fose necesario para que Reganosa pague no  concello de Mugardos en concepto de IAE  todo o correspondente ó ano 2009 e 2010.

2.- No capitulo de taxas, dende xa anunciamos que o iniciaremos unha batería de iniciativas políticas para incrementar os ingresos no capitulo de taxas e outros, empezando por a actualización de censos e que todo o mundo pague polos servicios prestados. Do mesmo xeito plantexaremos iniciativas para que as debedas que aínda non preescribiron, o concello inicie as acción oportunas para cobralas antes da súa prescripción.

Relacionados