Recurso Fábrica de Lápis

 

O certo é que os tempos xogaron a prol dos que queren gañar cartos contra o noso patrimonio e memoria, que contaron en primeiro lugar coa complicidade do Goberno Municipal, verdadeira brigada de demolición ao servizo dos intereses privados. Mais a Xunta practicou neste caso un penoso exemplo de laissez faire, que vai en detrimento da cidade de Ferrol. Cómpre corrixilo cara o futuro.

 

Esquerda Unida urxe a Patrimonio a que resolva en dereito o recurso de alzada presentado por Esquerda Unida para despexar a situación de anormalidade na que o propietario privado demole a nosa historia e aínda por riba vainos a seguir a demandar para pedirnos 16 millóns de euros, sen que a autoridade pública galega en patrimonio diga ren. Silencio que non se pode demorar máis, sexa para darnos a razón á cidadanía que recorremos, sexa para bendecir un atropelo patrimonial que perseguirá a este Goberno Municipal.  Quizabes sería ben que o Goberno Municipal, en xeral os gobernos, lembrasen a función social a que se subordina toda propiedade segundo recolle o texto, aínda non abolido, da Constitución do 78.

 

O Grupo Municipal ten que valorar moi positivamente o amplo movemento cidadá, incluso de carácter internacional, que se produciu ao redor desta agresión patrimonial, e que vaillo pór moito máis difícil a calquera outra tentativa de facer negocio privado contra os intereses xerais. Xuntos, organizados e loitando podemos gañar o futuro que merece esta cidade.

Relacionados