O Consello Político Nacional aprobou por unanimidade e voto a man alzada a expulsión definitiva de EU de Carmen Iglesias

O Consello Político Nacional aprobou por unanimidade e voto a man alzada a expulsión definitiva de EU de Carmen Iglesias á proposta da comisión instructura.

O Consello Político Nacional de EU vén de aprobar no seu plenario un proceso amplo de debate e elaboración tanto de programa como de listas electorais para as eleccións Europeas e terá como inicio o día 11 de febreiro no que as comarcas enviarán á dirección nacional propostas de candidatos e candidatas. Posteriormente o 17 de febreiro en toda Galicia celebrarase un proceso de referendo no que se elexira 1 home e 1 muller de todas as propostas recibidas a incorporar á lista de IU Federal.

O CPN de EU aprobou tamén a proposta de sanción a Carmen Iglesias Sueiro que será expulsada de EU, tendo 15 días para presentar alegacións ante a comisión nacional de garantías democrácticas.

Igualmente aprobáronse dúas resolucións, unha en apoio ao sector naval público e outra de chamamento pola rexeneración pública ante os casos de corrupción vividos en Galicia e que se van coñecendo en detalle estes días.

EU celebrou tamén hoxe a CONFERENCIA GALEGA de debate do documento sobre modelo de estado que prepara EU na que participaron delegados e delegadas de toda Galicia. Ao debate se aportaron máis de 250 enmendas. Unha gran parte delas relacionadas co apoio de EU ao exercicio democrático do dereito de autodeterminación e a concrección dun novo proceso constituínte que remate nun estado federal e republicano.

Relacionados