Mocións esixindo referendo

Ante a necesidade de propiciar un cambio profundo que favoreza a rexeneración democrática do estado, Esquerda Unida, ante a abdicación do rei, consecuencia o deterioro da Coroa e da decadencia do bipartidismo, esixe a apertura dun debate lexítimo.

Esquerda Unida presenta nos concellos unha moción instando á celebración dun referendo entre república e monarquía.

Esquerda Unida considera que é necesario debatir sobre que modelo de estado queremos, para elo, consideramos necesaria a convocatoria dun referendo vinculante que permita ao pobo, no que reside a soberanía, opinar e decidir sobre que modelo de estado queremos que nos goberne, unha monarquía hereditaria ou un modelo republicano cunha xefatura de estado elexida mediante sufraxio universal, libre, secreto e directo.

A executiva nacional de Esquerda Unida pide aos deputados e deputadas do PSOE galego que voten en contra dunha lei, tal como fará a Esquerda Plural, que hurta á cidadanía do dereito a decidir sobre futuro e sobre o modelo de estado que queremos. É a hora de que o pobo fale, de que todas e todos poidamos participar dun debate que abra un camiño a un proceso constituínte para que decidamos colectivamente o estado que queremos construír.

A coordinadora nacional de Esquerda Unida e vicevoceira de AGE, Yolanda Díaz manifesta que “o medo está a cambiar de bando, o bipartidismo non quere dar un debate no que a cidadanía se posicione e sexa quen de mudar a folla de ruta marcada polos que gobernan de costas ao pobo”. O itinerario do bipartidismo que non contemplaba o cuestionamento da figura do monarca que asumía que este abdicaría no seu leito, agora vése cuestionada pola realidade dunha sociedade moderna que demanda máis participación e unha democracia real.

As organizacións que din representar á cidadanía, deben deixar falar á cidadanía, o pobo é quen máis ordea, e o pobo é quen debe decidir sobre o seu futuro.

 

Relacionados