Reforma electoral

Por unha banda, a través dunha reforma “á carta” intenta acadar unha maioría que na actualidade ten perdida. Por outra banda, intenta gañar unha lexitimidade, que perdeu a través dos recortes económicos e sociais. Tal reforma supón un atentado á democracia e ao pluralismo.

A Executiva Nacional de Esquerda Unida considera que o BNG e José Blanco se burlan das galegas e galegos propoñendo a reforma da lei electoral despois de rexeitar a proposta presentada por Esquerda Unida ante o goberno “bipartito”.

Hai que lembrar que EU mantivo tres xuntanzas oficiais durante o bipartito de cara a unha posible reforma electoral: co vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana; coa Presidenta do Parlamento, Dolores Villarino; e co Conselleiro da Presidencia, Méndez Romeu. De feito, Esquerda Unida protagonizou unha protesta inédita no Parlamento de Galicia cando varios dos seus dirixentes interrumpiron unha sesión plenaria para amosar unha pancarta reivindicativa da reforma da Lei electoral. Ademais, EU defendeu en sé parlamentaria a súa proposta de Estatuto de Autonomía que xa incluía toda Galicia como circunscripción única, é dicir, que os votos de todos os galegos e galegas contasen o mesmo.

Durante o periodo de goberno de PsdeG e BNG, EU mantivo contactos e o que está a suceder confirma, como dí EU, que as políticas de ambos os dous partidos abren as portas ás políticas do PP.

A coordinadora nacional e candidata á Xunta de Galicia, Yolanda Díaz considera que ao PP non lle sobran políticos, o que lle sobran son institucións. Exiten outras maneiras de recaudar cartos sen reducir en democracia e pluralismo sen reducir a representación do pobo, falamos de reducir persoal de confianza non elexido pola cidadanía e non eliminar aos representantes electos.

Esquerda Unida considera que esta reforma electoral supón un atentado á democracia e ao pluralismo. O PP por activa, sendo a segunda vez que antes das eleccións autonómicas reforma a lei no seu interese, como foi en 1993 cando o goberno Fraga subiu a barreira legal do 3% ao 5%. O PsdG e o BNG por pasiva, por negarse a facer unha reforma en positivo voltando a barreira legal ao 3% e mesmo sen vontade de instaurar a circunscrición única aproveitando o proceso de reforma estatutaria aberto polo “bipartito”. Un feito máis que demostra o “tripartidismo harmónico” existente no Parlamento galego desde 1993, no que os tres partidos se atopan moi cómodos sen “intrusos”. De feito, ningún dos tres amosou nestes anos o máis mínimo interese en favorecer o pluralismo e aumentar a representatividade a través da reforma da Lei 8/1985, de 13 de agosto, de eleccións ao Parlamento de Galicia.

Por riba, o BNG e José Blanco ofrecen agora como propios puntos e propostas da reforma de EU que teñen enriba da mesa os dous partidos desde que unha delegación de EU se reunise na primavera coa presidenta do Parlamento, Pilar Rojo,  e que ela mesma transmitiu a todos os grupos despois da xuntanza. Propostas que foran rexeitadas durante o bipartito. Propoñer agora a rebaixa da barreira legal ao 3% e a circunscrición única, é unha burla as galegas e galegos, sabendo que esta última require a reforma do Artigo 11.4 do Estatuto de Autonomía que establece que “A circunscrición electoral será, en todo caso, a provincia” e que xa tiveron ocasión de modificar.

Nesta lexislatura unha delegación de EU mantivo a mencionada xuntanza con Pilar Rojo, que transmitiu ao resto dos grupos parlamentarios o documento de Proposta de EU de Reforma da Lei 8/1985, de 13 de agosto, de eleccións ao Parlamento de Galicia

 

Relacionados