Resultado referendo

O 80% da militancia de Esquerda Unida ratifica o proceso de coalición nun exemplo de democracia interna e participación, que contrasta cos procesos doutras organizacións onde as cúpulas fan caso omiso as decisións acadadas polas bases e xogan cos postos das listas como si de cromos se tratase. Así EU demostra unha vez máis a súa aposta decidada pola democracia real, a participacion cidadá e a coherencia, porque que mellor maneira que defender a democracia participativa que desenvolvendoa no interior da propia organización.

Este referendo reflicte o modus operandi da organización, un exercicio de democracia e transparencia en todo o proceso. A participación e decisión das bases e a aceptación e respeto dos resultados acadados son o exemplo de funcionamento horizontal na toma de decisións.

Ao longo de o día de onte, EU culminaba o proceso no que está inmersa dende hai semanas, así os resultados da consulta as bases que obtivo unha grande éxito participativo con preto do 70%, traducíronse en porcentaxes de apoio ao proceso de coalición, 78,7% de votos a favor 12,8 de votos en contra e 8,5% de votos en branco.

Yolanda Díaz, coordinadora nacional de Esquerda Unida, afirmou que “o apoio masivo da nosa militancia arroupa e reafirma a nosa aposta pola xenerosidade para derrocar ao goberno de Feijóo, agora e Rayoi nun futuro inmediato”.

Yolanda Díaz subliñou que para derrocar ao PP desenvolveremos todos os procesos necesarios na procura da unidade, por iso non tive ningún problema en renunciar ao primeiro posto pola Coruña.

Neste Sentido, o responsábel de Comunicación indicou que “síntome orgulloso da miña coordinadora nacional pola súa valentía e xenerosidade, da súa capacidade de sacrifico para poñerse ao servizo do pobo galego e defender ás familias traballadoras.

A executiva nacional de Esquerda Unida afirma que o importante e a unidade para acadar un programa de esquerdas anticapilista que liberee aos galegos e galegas da ditadura dos mercados e os recortes do PP.

 

Relacionados