Retraso construcción campo de herba artificial

 

O convenio asinado en xullo do 2009 coa Deputación da Coruña preveía un vixencia dun ano para a construcción do citado campo de herba municipal,pero a realidade é que a día de hoxe as obras aínda non se iniciaron o que obligou ó goberno municipal a solicitar en maio unha prorroga de seis meses do convenio asinado con Deputación. Obras que non se poden iniciar, segundo o informe dos técnicos municipais ata que este definitivamente aprobada a modificación puntual do P-1.

 

A irresponsabilidade do goberno municipal de iniciar con  oito meses de retraso  os trámites para a modificación puntual do P-1, os trámites se iniciaron a posteriori da sinatura do convenio coa Deputación, a pesares de que os informes técnicos previos xa sinalaban que a construcción non era viable si non había modificación puntual do P-1.

 

Este retraso provocado pola irresponsabilidade do goberno municipal  faí que a sociedade Galicia de Mugardos sofra os custes adicionais que supón adestrar e xogar os partidos de competeción oficial noutros campos da comarca, e imposibilite o disfrute dun campo de herba municipal para toda a poboación de Mugardos.

 

Dende o  GM de EU-IU demandamos axilidade na información sobre a modificación puntual que permitiría facer o campo municipal de herba artificial para con os grupos municipais, xa que o oscurantismo so trae malos resultados.

 

O que todos queremos é ter un campo municipal de herba artificial na maior brevidade posible, e que remate esta pequena pesadela.

Relacionados