im000772 copiar.gif - 26.52 Kb

Revocación sanción ó Concello

 

Esta resolución foi motivada pola denuncia remitida á CHMS por Esquerda Unida de Ponteareas de diversos vertidos de augas residuais sen depurar ao rio Tea. Dos vertidos denunciados pola nosa organización a CHMS resolveu sancionar o situado no barrio de Angoares. A sanción consistía nunha multa de 15.000 euros por infracción da Lei de Augas e de 1.625 por danos ao dominio público hidráulico, xa que se considerou ao concello de Ponteareas responsable deste vertido.

 

Agora, case catro anos despois de que dende EU denunciáramos esta situación, resulta que a sanción é revocada polo feito de que entre a apertura do expediente e a comunicación da resolución ao Concello transcorreron un ano e catro días. Desta maneira, e despois de varias alegacións por parte do Concello de Ponteareas, a CHMS decidiu revocar a resolución por exceder en catro días o prazo máximo legal entre a apertura do expediente e a comunicación da resolución. Polo tanto, a revogación da resolución sancionadora non se produce por considerar que o Concello non cometeu ningunha infracción, se non polo desinterés por parte da CHMS, organismo por certo, dependente do goberno do PSOE, á hora de tramitar o expediente.

 

No seu momento, dende Esquerda Unida consideramos que aínda que esta sanción non serviría para solucionar os vertidos, polo menos serviría para dar un toque de atención ante a mala xestión por parte do Concello. Coa revogación da resolución, unha vez máis, feitos graves en contra do medio ambiente quedan impunes. Unha vez máis, o PSOE e o PP, partidos irmáns na loita pola defensa dos intereses da banca e os mercados, se botan unha man entre eles.

Relacionados