Ría do Burgo

 

Comezou a rolda de prensa o Patrón maior da confraría da Coruña, Manuel Antonio Cao, quen despois de agradecer a prensenza de Esquerda Unida, organización que sempre estivo apoiando aos mariscadores nas súas reivindicacións na procura da rexeneración da ría do Burgo, denunciou o grave deterioro mediambiental que están a sufrir as rías galegas, declaradas como zonas C debido ao seu alto nivel de contaminación.

 

Manuel Antonio Cao expresou o rexeitamento da confraría da Coruña a moratoria pois considera que a depuración intensiva que presenta a Xunta é un método que aínda non está constatado polo que supón un risco que o produto chegue ao mercado en estado non desexable. Asemade indicou que a “Depuración en papel”, como a denominou,  non deixa de ser un parche e “os parches non funcionan”.

 

De seguido tomou a palabra o Manuel Valdomir, Presidente do Marisqueo a pe, quen afirmou que “non vamos a sacar ameixa ata que se rexenere a ría”, porque a depuración intensiva non é a solución, pois ademais de que o producto perderá calidade produciranse moitas perda de marisco no proceso, e encareceranse os custos de producion o que inevitablemente reducirá o prezo en orixe. Algo que os mariscadores non poden asumir como o demostra o feito da constante perda de postos de traballo.

 

Finalmente Manuel Valdomir solicitou que se invistan xa os 13 millóns de euros na rexeración da ría do Burgo.

 

Por outra banda, Juan Fernández, concelleiro de Esquerda Unida en Cambre, enumerou as distintas iniciativas desenvolvidas dende EU para solucionar o grave problema que está a sufrir a ría do Burgo, como por exemplo os documentos presentados no concello de Cambre, ante o Consorcio das Mariñas e as interpelacións parlamentarias prensentadas en Madrid a través do voceiro parlamentar de EU Gaspar Llamazares e en Europa a través do eurodeputado de EU Willy Meyer.

 

Posteriormente tomou a palabra César Santiso, secretario de organización de Esquerda Unida, para denunciar a parálise institucional que está a provocar a inacción dos distintos organismos -concellos implicados, Xunta e Ministerios-, o que impide acadar solucións ao grave deterioro medioambiental que sufre a ría do Burgo.

 

O Secretario de Organización de EU transmitiu a importancia capital que a degradación do ría ten para a Executiva Nacional de EU e expresou o total rexeitamento a moratoria solicitada pola Xunta, xa que logo, obviase o problema principal que o deterioro medioambiental que ten a ría cun alto grado de contaminación devido aos verquidos incontrolados que realizan distintas empresas como ENCE e os concellos da Coruña, Culleredo, Cambre e Olerios.  César Santiso esixiu o control dos verquidos incontrolados, a súa inmediata paralización e a posterior rexeneración da ría, para recuperar un espazo natural degradado, mellorar a biodiversidade e recuperar a fonte de riqueza fundamental para os mariscadores.

 

Finalmente o Patrón maior da confraría de Ferrol indicou que concordaba con todas as intervencións anteriores, concluindo que a ría de Ferrol é unha cloaca “queren abrir Ferrol ao mar pero o  van a abrir a unha cloaca que é o que é a ría de Ferrol”.

Relacionados