O noso Grupo convencido que non pode empregarse de forma irregular ou ilegal a instalación e utilización de vallas publicitarias sin licencia nin control municipal, e transcurridos mais de dous anos onde solicitábamos mediante escrito se nos facilitaran os antecedentes relativativos a este asunto, a dia de hoxe non contamos coa información que por Dereito e de acordo coas normativas vixentes ten que facilitarnos o Goberno do concello.
Partindo da base, que parece da mais pura lóxica, de que os acordos e compromisos plenarios tómanse para ser levados á práctica, dentro dun prazo razoable:
-Unha vez mais o Grupo Municipal de EU-IU PREGA os responsable do Goberno nos informe sobre a instalación de vallas publicitarias, dando resposta as seguintes cuestións:
1.- Relación, número e lugar de ubicación de vallas publicitarias existentes en terreos do Término Municipal, instaladas por empresas de publicidade.
2.- Informes efectuados polos técnicos do concello, como consecuencia das obras realizadas.
3.- Relacción dos ingresos obtidos nos últimos catro anos, en concepto de licencias e taxas, facilitados polos departamentos correspondentes.
4.- Informe sobre o procedemento do ingreso das cuantías e forma de contabilizalo nos Orzamentos correspondentes.
5.- A quen corresponde emitir os informes para comprobar e aprobar os metros ocupados, tanto en terreo público como privado.
2.- Sobre o centro de Saúde do Temple.
Recentemente por iniciativa dunha veciña do Temple, presentabase no rexistro do concello un escrito avalado por 724 firmas, co seguinte texto:
Os abaixo asinates queremos denunciar a situación que se está producindo a diario no CENTRO DE SAÚDE DO Temple, como consecuencia da falla de persoal e carencia de especialidades médicas.
Iste feito provoca que ós veciñ@s estean a sufrir longas esperas na cita previa para ter o acceso a atención necesaria.
Por isto SOLICITAMOS ó goberno Municipal de Cambre que esixa de inmediato a dotación de maiores recursos nas instalacións sanitarias existentes, co fin de correxir ditas deficiencias e minimizar ó máximo posible os tempos de espera para a atención ós enfermos.
Asemade solicitamos como veciños e cidadáns, que o Concello reclame coa maior urxencia da administración competente, neste caso, a Consellería de Saúde da Xunta de Galicia, que acelere os trámites burocráticos necesarios e dote canto antes nos seus orzamentos a partida necesaria para a construcción do prometido Centro de Saúde.
-Por todo isto o noso Grupo Municipal e todas as persoas comprometidas coa súa firma PREGAMOS o Goberno local adopte unha actitude decidida respecto do problema, levando a cabo as reclamacións presentadas polos cidadán@s. Asimesmo no próximo pleno ordinario informarán puntualmente das xestións realizadas.
3.- A conservación e poda do arborado en terreos públicos do concello é un dos procedementos mais comúns para eliminar as ramas enfermas ou infectadas, mellorando así a estructura dos exemplares e o mesmo tempo evitar que a proliferación das súas ramas causen molestias e problemas de seguridade as persoas, os seus bens e a propia seguridade vial. Esto debe implicar unha prevención específica periódica para cada caso según as necesidades.
Tendo en conta que este problema é competencia atribuida a Deputación Provincial, PREGAMOS que os responsables do Goberno soliciten coa máxima urxencia a este organismo, se realice unha poda selectiva do arbolado da estrada da Estación, permitindo mun desenrolo armónico e saudable para os árbores, prevendo os posibles accidentes e as molestias e perxuizos ocasionados os veciñ@s pola proliferación das ramas.