O pasado mes de novembro a Xunta de Galicia deixou a Cambre sen Obradoiro de Emprego para o ano 2010. Unha vez mais o noso pobo sigue discriminado e os nosos veciñ@s negaselle a oportunidade de formarse para ter novas oportunidades de traballo.
Desde o noso grupo político consideramos que o Goberno do concello debe reprobar a actitude da Xunta de Galicia coa nosa localidade, adoptando unha situación claramente discriminatoria cos cidadáns do resto da comarca ao non ofrecérselle por parte da Administración Autonómica as mesmas oportunidades para adquirir a formación necesaria e poder ter unha mellor saída á crise que estamos padecendo.
-Polo exposto o noso Grupo PREGA o Goberno local, manifeste o seu rexeitamento a decisión da Consellería de Traballo da Xunta de Galicia, por desestimar a proposta do concello de Cambre, na súa actitude de deixar fóra á nosa localidade dos plans de formación e emprego previsto pola mesma para o ano 2010.
-Solicitar da Consellería de Traballo a sua rectificación para que incorpore a nosa localidade nos plans de formación e emprego previstos.
2.- Según informacións do concello e da dirección da escola infantil da Barcala, nos últimos tempos o sistema de climatización do centro está ocasionando graves averías e os problemas derivados das mesmas provocan situacións de desamparo para os nen@s e persoal que realiza o seu traballo nas instalacións.
-PREGAMOS nos informen das actuacións levadas a cabo e da situación actual do problema no centro de ensino da Barcala.
3.- O camiño que transcurre dende o Paraguas ata o Paseo dos Templarios, experimentou un aumento considerable na circulación peonil e rodada carecendo de sinalización que regule o seu tránsito.
-PREGAMOS nos informen si existe algún proxecto de utilización e regulación da circulación e uso do mencionado camiño