Rolda de prensa moción violencia de xénero

 

En rolda de prensa, Yolanda Díaz denuncio a situación de privatización dos puntos de encontro e a notable insuficiencia dos recursos adicados aos centros de información da muller, reclamou tamén un esforzo orzamentario para mellorar as dotacións vencelladas coas casas de acollida. Citou como exemplo o caso de Ferrol, onde EU impulsou a compra duns terreos adxacentes á casa de acollida para proceder a súa ampliación e mellora, asemade da dotación cun inmoble propio e digno do actual CIM. A Coordinadora Xeral considera imprescindible, que se acorden un conxunto de actuacións que permitan o desenvolvemento real da lei para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

 

Pola súa parte a Coordinadora Local, Alba Sánchez, entende necesario que con urxencia e de maneira participada -mediante un traballo colectivo co movemento feminista e de mulleres da nosa cidade- sexamos quen de aprobar no noso concello un Plan Integral Contra a Violencia de Xénero, xunto coas medidas anexas que se recollen no texto da moción, xa que logo, o Consello Local entende que a maioría do Pleno da Coruña, que se reclama de esquerdas, ten que dar vía libre ao debate desta moción e pular pola súa aprobación nestes vindeiros días, para dotarmos como cidadanía dunha ferramenta para axudar ás mulleres vítimas desta execrable violencia, porque o concello da Coruña non pode demorar máis a elaboración desta ferramenta para deter unha situación inaceptable.

 

Alba Sánchez afirmou que na nosa cidade a realidade amosa as insuficiencias das políticas de igualdade que se realizan, así a metade do persoal afecto aos CIM  (Centro Información da Muller) quedan, a través dun acordo coa Deputación, para atender as necesidades dos concellos da provincia co que nos atopamos cun agudo problema de insuficiencia de persoal para atender as necesidades da nosa cidadanía.

Relacionados