Sartaña

 

Esquerda Unida acadou, ao abeiro do acordo sobre as obras a desenvolver con cargo ao Fondo de sustentabilidade local, o compromiso persoal do propio alcalde para desatascar o tema da reurbanización da praza.

 

Dende finais de xaneiro, Esquerda Unida está a facer un particular seguimento das cuestións que atinxen a Sartaña, comezando polo informe xurídico pendente. En sucesivas Comisións, o concelleiro de urbanismo afirmou que disporíamos do informe neste mes de marzo.

 

Co paso das semanas e dos meses, o noso Grupo Municipal quere lembrar que as datas corren imparables cara a finais de mes e que aínda non sabemos nin temos o devandito informe xurídico. Esquerda Unida reclama do concelleiro de urbanismo o cumprimento dos prazos, esto é, a entrega canto antes do informe, e dende logo  antes de que  remate o mes de marzo.

 

A Voceira do Grupo Municipal, Yolanda Díaz, insta ao alcalde a asumir o seu compromiso persoal para facer cumprir os acordos con Esquerda Unida, consistentes na reurbanización da Praza de Sartaña, dando satisfacción a unha sentida arela para a veciñanza da zona; arela que foi un dos eixes reivindicativos no anterior mandato  municipal, que Esquerda Unida incorporou o seu programa electoral.

 

A reurbanización da Praza de Sartaña constitúe para Esquerda Unida unha cuestión maior e, xa que logo, imos manter a máis insistente e rigorosa esixencia para que o Goberno Municipal atenda esta demanda cidadá.

Relacionados