Seguridade vial no tramo Rilo-Franza

 

O certo é que a día de hoxe, e tras preguntar na comisión de obras, o único que temos claro é que as negociacións sobre a acometida das obras de seguridade vial no tramo Rilo-Franza están en punto morto.Dende o noso grupo consideramos que está actuación require de axilidade, xa que as “sendas peonís” das que se dotaron por parte da consellería era no seu momento unha solución provisional que agora parece convertirse en eterna.

Entendemos, que é necesario revitalizar a tarefa tanto da Consellería para que axilice a realización do proxecto para dotar ese tramo de seguridade vial, pero tamén revitalizar a tarefa do grupo de goberno, que está a durmir nos loureiros, para que inicie en colaboración con tódolos grupos municipais e veciños/as as xetións oportunas para que se axilice toda a tramitación da obra.

A campaña incluirá unha recollida de sinaturas entre os/as vecinos/as, así como, a presentación de diferentes iniciativas no Concello para que a seguridade vial no tramo Rilo-Franza desperté do seu letargo e se acometa unha obra digna que supere a actuación provisional realizada.

Relacionados