pisf3n nas casas baratas 14 febreiro 11 copiar.gif - 18.09 Kb

Seguridade Vial

Ó mesmo tempo que lle recordábamos ó goberno municipal que o pisón leva máis dun mes parado na mesma zona co perigo que supón polo estreitamento da calzada.Empeorando a situación a permisividade do goberno local en canto os aparcamentos que se fan a un lado e outro da calzada, imposibilitando ás veces a circulación de vehículos e persoas, na zona máis densamente poboada de todo Mugardos e que xa presenta a día de hoxe moitos problemas de seguridade vial.

 

Polo tanto, dende o GM de EU demandamos as seguintes actuacións urxentes do goberno municipal:

1.- Obrigar ó promotor a cumprir a lei: iluminar a valla.

2.-Pechar todo o perímetro da urbanización que aínda non está recepcionado, dado que hai ocos sin sinalizar  no chan so tapados con pales de obra, co risco que esto supón para os veciños.

3.- Prohibir o aparcamento na zona da calzada afectada pola obra.Facilitando así a circulación de vehículos e veciñas.

4.- Habilitar un paso peonil con seguridade para as/os veciñas/os do que agora carecen.

5.- Urxir á promotora á finalización da urbanización conforme ó proxecto aprobado polo concello.

Relacionados