Sentenza Prestige

Canto menos, ademais de lamentable, dita incapacidade resulta sospeitosa.

A executiva nacional de EU considera que a xustiza premia a incompetencia do goberno de Aznar ante a pésima xestión ante o naufraxio do Prestige. Un goberno que non só non recoñeceu o desastre, senón que, por boca de quen hoxe é presidente do desgoberno e daquela vicepresidente, fixera da mentira, ate hoxe, a súa fiel compañeira argumental. E nesta festa da mentira non podemos esquecer ao director xeral da Marina Mercante obsesionado con alonxar o barco para repartir as consecuencias tráxicas do desastre. Queda demostrado que a sombra do poder sempre é alongada. Hai sospeitas e dúbidas e así o fai notar a sociedade galega, alporizada coas conclusións da xustiza, que non sabe ou non quere ver quen foron os responsables do desastre ecolóxico máis grave das nosas costas.

Yolanda Díaz coordinadora nacional de EU e vicevoceira de AGE manifesta que “o beneficio dos mercados permite que as nosas augas sexan transitadas por embarcacións que poñen en perigo o noso futuro e a nosa saúde”. Semella, con esta sentenza libre de responsabilidades, que tanto o territorio como nos mesmas estamos a expensas das directrices dos mercados que perseguen o fin sen ter en conta o medio.

Relacionados