Servizo de pediatría

EU Cedeira quere denunciar outra vez máis a falta dun servizo continuo de pediatría no Centro de Saúde da Vila, o que supón para os veciños e veciñas unha perda sustancial de dereitos no servizo sanitario, unha vez máis provocado polos recortes salvaxes nos servizos públicos e de proximidade dos mandatarios do PP na Xunta de Galicia e en Madrid.

O responsable de Esquerda Unida en Cedeira, Alejandro del Río, considera un verdadeiro atentado contra os dereitos dos veciños e veciñas de Cedeira, que, nunhas datas estivais, onde a poboación se multiplica considerablemente, non ter un servizo continuado de pediatría, e quedar reducido a 6 horas a semana é unha auténtica barbaridade, retrotraendo os dereitos dos veciños e veciñas dunha maneira palpable, e a todo isto hai que sumarlle a parsimonia do Goberno Municipal, mais centrado en dar “buena imagen” en obras e gastos innecesarios como o Parque do Floreal.

Demandamos unha vez máis do Goberno Municipal, que se poña en contacto de inmediato co Responsable da Área Sanitaria de Ferrol para a reposición e permanencia contnua do Servicio de Pediatría no Centro de saude da Vila, en defensa dos intereses e dereitos fundamentais en materia de Saude de todos os veciños e veciñas de Cedeira, que pagan os mesmos impostos que o resto da cidadanía das grandes cidades.

Relacionados