A ditadura marroquí utiliza as persoas migrantes coma simple instrumento de presión política contra o goberno español. Pouco lle importan as vidas dos seus propios cidadáns. O resultado son máis de 142 persoas mortas e a ditadura marroquí nin sequera se fai cargo dos seus corpos. Tal é o aprecio que teñen á súa propia cidadanía.
En consecuencia da entrada masiva de persoas migrantes en Ceuta, a cidade autónoma se atopa nestes momentos cos seus servizos colapsados e coa cidadanía loxicamente desexando volver á normalidade.
Ante esta situación de colapso o que cabería agardar do resto das Comunidades Autónomas sería a súa solidariedade ofrecendo acollida a estas persoas para que Ceuta non teña que facerse cargo en solitario da situación.
Pola contra, ao PP non se lle ocorre mellor cousa que convocar concentracións de “apoio a Ceuta” coma se non estivera nas súas mans ofrecer un apoio real que puidera aliviar a situación.
Saben perfectamente que as súas reclamacións de deportacións automáticas e masivas son, ademais de inhumanas, ilegais.
Saben perfectamente que as súas reclamacións de deportacións automáticas e masivas son, ademais de inhumanas, ilegais.
Primeiro Marrocos utiliza aos seus cidadás. Logo o PP utiliza á cidadanía Ceutí. E, por suposto, nin sequera se lles ocorre mencionar as vidas perdidas.
Todo vale na súa guerra sucia contra o Goberno de España, un Goberno que no caso dos ministros do PSOE, reaccionou tarde e mal.
Nestes momentos de incertidume nos que algúns utilizan ás persoas migrantes para tentar rascar algún voto máis e outros tentan avivar o veleno do odio ao diferente, soamente cabe unha resposta: a solidariedade internacionalista da clase traballadora.






