software-libre.gif - 19.70 Kb

Software libre no Concello

 

Esquerda Unida valora un aforro aproximado de 600 euros por posto de traballo anual, si se utiliza este tipo de software libre, xa que a día de hoxe a maior parte das administracións e organizacións públicas utilizan software privativo.(Micrososoff).

 

Isto suporía un aforro significativo para os cidadáns, xa que o pago das licenza sae dos impostos cobrados os cidadáns.

 

 

Con esta medida non solo perseguiremos aforrar diñeiro en licencias e actualizacións de hardware, se non que tamén romperiamos a dependencia das Administracións públicas respecto as plataformas onde solo hai un fabricante ou provedor.

 

 

Temos que salientar que as plataformas de código aberto permiten as administracións acceder solucións de software de diferentes provedores ( a maior nivel de competencia) que son compatibles entre si. Ademais, o ser de código aberto, pódense modificar máis fácil e rapidamente para adaptalas as necesidades propias das administracións, ou para corrixir erros e fallos de seguridade.

Relacionados