Solidariedade con pobo de Lorca

 

Diante da traxedia sufrida en Lorca, Esquerda Unida solidarizase coa poboación e suspende todos os seus actos electorais até o venres 13, acompañando a veciñanza e aos familiares das víctimas.

 

Para axudar a paliar este desastre natural cumpre que as forzas políticas colaboren economicamente cos damnificados, para aliviar na medida do posible o seu sufrimento. Por iso o consello comarcal de EU Coruña propón a todos as organizacións políticas unha iniciativa solidaria para achegar cartos aos dannificados do seismo en Lorca, a devandita campaña denomínase Coruña con Lorca 1-1 e consiste en:

 Solicitar que cada participante nos actos públicos desenvolvidos polas organizacións políticas acheguen 1 € para os damnificados

 Que as organizacións políticas reduzan o 1% dos seus gastos electorais e os acheguen aos damnificados de Lorca a través dalgunha ONG, e que fagan público a dita achega. Así cada cal participara segundo a súa capacidade.  

 

O coordinador comarcal de EU Coruña e candidato á alcaldía, César Santiso, afirmou “con esta iniciativa queremos axudar directamente aos damnificados máis aló dos habituais brindes ao sol. Desexamos que a devandita proposta teña  boa acollida entre todas as organizacións e comuniquen a súa adhesión a devandita campaña xunto con Esquerda Unida”.

 

Relacionados