Solidariedade cos traballadores de Alcampo

Logo de mais de quince días de mobilización o Alcampo negase a recoñecer unha das cláusulas do convenio provincial de limpeza, na que estipula a obrigatoriedade de subrogar aos traballadores e traballadoras da anterior empresa adxudicataria.

 

Esquerda Unida quere trasladar o seu total apoio aos traballadores e traballadoras despedidos, esixindo á autoridade laboral que actúe segundo o convenio provincial  de limpeza recoñecendo a admisión dos traballadores/as afectados.

 

As actuacións do PSOE en materia laboral está a facilitar actuacións ilegais por parte das empresas da provincia de Pontevedra, provocando un regueiro de irregularidades. ERE’s por  xornadas de 4 horas nas que a falta de control fan que o empresario obrigue a traballar outras 4 horas facendo a mesma xornada de 8 horas, filtracións aos empresarios antes das inspeccións, subrogacións …. etc. 

 

Outra das actuacións condenables por esta organización foi o desaloxo dos traballadores por parte da policía, algo que xa nos ten acostumados o subdelegado de goberno Delfín Fernández, que non dubida en empregar a forza contra os traballadores indefensos, que se manifestan en prol da defensa dos dereitos laborais e do seu propio posto de traballo.

 

EU propón ao PSOE E PP, que os propios corpos e forzas de seguridade do estado fagan un seguimento nas empresas con SUBROGACIONS ou ERES, comprobando as propias causas, duración, persoal afectado, xornada…. un seguimento que servira para coñecer a realidade de que moitos empresarios utilizan estes mecanismos de forma encuberta traballando no mercado negro.

Relacionados