Solla: “A situación que viven as auxiliares de enfermería en Vigo é consecuencia do modelo público-privado que só beneficia ás empresas”

A deputada de En Marea e vicepresidenta do Parlamento de Galicia, Eva Solla, vén de defender ás auxiliares de enfermaría, sobrecargadas de traballo, que manteñen o peche no Hospital de Vigo para defender os seus dereitos contra as ameazas da dirección, que quere que fagan o traballo da concesionaria. Segundo explica Eva Solla,”a situación que viven as auxiliares de enfermería en Vigo é consecuencia do modelo público-privado que xa criticáramos dende AGE en 2014 e, finalmente, vese que este modelo só acaba por beneficiar ás empresas”.

“Este conflito pon de relieve, unha vez máis, que o modelo de colaboración público-privada perxudica ao interés xeral que debe defender a administración pública e beneficia ao lucro das empresas privadas”, explica a deputada. “Antes foron os celadores e celadoras e agora é o conflito da ropa sucia, todos estes problemas xurden da privatización dos servizos públicos, algo que non sucedía cando tíñamos unha lavandería pública”, sinala.

Eva Solla reuniuse coa comisión de centro para abordar esta problemática en varias ocasións, e por iso que Solla reclama que a empresa concesionaria “poña dunha vez por todas os medios de traballo para acabar coa sobrecarga de traballo que o persoal auxiliar de enfermaría está a sufrir”, así como que o Sergas retire os expedientes a estas traballadoras.

Ver o vídeo dende aquí

Relacionados