Suba do autobus

Esquerda Unida alerta de que o goberno municipal asume que o bus subirá no 2014 ao incrementar a subvención a compañía de tranvías. Unha subvención que acumula un 20% de incremento dende o inicio do mandato de Negrerira. O escapismo político amosado pola concelleira de mobilidade cando se lle preguntou polas tarifas do bus urbano xa presaxiaban o peor, agora a previsión nos orzamentos o confirman. Ao goberno municipal non lle falta razón cando denuncia que esta situación é unha herdanza do pasado e que o lesivo contrato para os coruñeses foi obra dos gobernos do PSOE, pero aos nosos gobernantes lles pedimos algo máis que defender que “é lícito que a empresa privada gañe diñeiro” mentres o prezo do billete que a empresa fixa na cidade está un 5% por riba da media nacional, unha empresa que reparte millóns de euros en beneficios entre os accionistas cada ano e centos de miles de euros entre a súa xunta directiva. Que xestiona un servizo en réxime monopolista, que de ser xestionado directamente polo Concello, este podería aforrar millóns de euros anuais.

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes esixe ao Goberno municipal que cumpra coas súas promesas e inicie un proceso de negociación para modificar á baixa o actual contrato do bus. Transcorrido o 70% do mandato Negreira aínda non moveu ficha na prometida negociación e segue a declarar que calquera revisión do convenio “sería prematura”. Esta situación, que só sirve para mellorar as marxes de beneficio da Compañía de Tranvías, repercute negativamente na capacidade adquisitiva das familias de menor renda, que son as que máis empregan este tipo de transporte para a súa mobilidade urbana. Xa que logo, propoñemos a implantación do billete único progresivo como elemento de cohesión social e promoción do uso do transportarte público colectivo. A proposta consiste en establecer unha tarifa inicial diaria en función da renda familiar que o usuario pagaría no primeiro viaxe, para posteriormente pagar tan so un 10% da dita tarifa en cada transbordo ao longo do día.

O voceiro de EU-V, César Santiso indicou que “ano tras outro a falta de vontade política de Negreira permite á Compañía de Tranvías saquear a concello e veciñanza. O Goberno local debera tomar exemplo doutras cidades españolas, onde o transporte público é gratuíto para as persoas desempregadas de longa duración, pero non en base de outorgar subvencións millonarias a concesionaria senón a través dunha negociación en base ao incremento do número de viaxes e a conseguinte redución do custo por viaxeiro para a empresa.”

Relacionados