Subvencións formación da Xunta

 

Os datos non dan lugar a dúbida, a consellería que dirixe Beatriz Mato entregou máis dun millón de euros as empresas Azetanet, Gecreri e Fundefo para que impartiran 24 cursos de formación, curiosamente as tres empresas pertencen ao empresario Coruñés e presidente da Asociación de Veciños do Ensanche, Gerardo Crespo, persoeiro coñecido pola súa afinidade co PP. Actitude esta que podería considerarse como presunto trato de favor.

 

Esquerda Unida afirma que a Xunta do PP, no seu afán privatizador, está a conceder máis cartos a empresas privadas que a entes públicos. Os datos volven a ser esclarecedores, tan só temos que comparar os 24 cursos e 1.067.544 € concedidos as empresas de Gerardo Crespo cos dous cursos concedidos ao Centro de Formación Municipal de Oleiros por un importe de 114.000 € ou que unha cidade da importancia da Coruña non recibira nin un só curso de promoción de emprego, para a grande cantidade de parados que viven nela.

 

A propia convocatoria da Xunta de Galicia exclúe á Administración Local, nas subvencións outorgadas a certas categorías das accións de formación profesional para desempregados. Feito que para EU e del todo inaceptábel, pois a Xunta amosa que as súas ansias privaizadoras, e dicir de entregar o de todos e todas a uns poucos, van mais alá da xestión e execución, senón que pretende darlle legalidade ao proceso mediante unha lexislación que lles dea impunidade en semellante tarefa.

 

Por outra banda, Esquerda Unida considera que o Goberno do PP non está a xestionar os recursos da Xunta de maneira xusta e ecuánime, pois está a favorecer aos concellos onde goberna, como quedou patente no reparto dos fondos europeos para cursos de formación profesional para desempregados, onde atopáronse diferenzas no importe por parado de ata 30 veces.

Relacionados