Aseguran que se trata de estruturas anacrónicas, contrarias á auto organización e á articulación territorial óptima de Galicia, estructuras caciquis, ineficientes e despilfarradoras.
Santiago de Compostela, 18 xaneiro de 2013.- Os deputados Antón Sánchez e Ramón Vázquez destacaron durante as súas respectivas intervencións nas comparecencias do presidente da Deputación da Coruña e o da Deputación de Lugo, a necesidade de suprimir o que consideran “estruturas anacrónicas, contrarias á auto organización e á articulación territorial óptima d Galiza, estructuras caciquis, ineficientes e despilfarradoras”.
Defenden que as súas función debería ser exercidas pola administración autonómica e polos propios concellos evitando as actuáis duplicidades e propiciando un significativo aforro de fondos públicos.
“Non hai ningunha razón nin sequera a Constitucíon para a súa permanencia” explicou Antón Sánchez quen engadíu que “a realidade constitucional non consagra a existencia de deputacions, senón de unha institución para xestionar os asuntos provinciais, que mesmo podería ser articulada dende o poder autonómico”.
O deputado de AGE considera que nos tempos que estamos a viver nos que os recortes ás diferentes administarcións están a afectar a dereitos fundamentais dos cidadáns, é unha “indecencia” que se estean a despilfarrar cartos nas Deputacións fundamentalmente en autosupervivencia da propia estructura, unha estructura que pola súa propia concepción son unha institución claramente proclive a impulsar comportamentos caciquís. “Potenciar as Deputacións é potenciar o caciquismo, a discrecionalidade, o despilfarro, o centralismo, as duplicidades e a ineficiencia na xestión de recursos públicos” afirmou Antón Sánchez.
O deputado Ramón Vázquez pola súa banda explicou que se trata de institucións decimonónicas , nacidas do Título VI da constitución de Cádiz de 1812 e con máis de douscentos anos de existenza, sendo herdeiras daquelas xuntas mediavais que tiñan por obxeto a defensa dos privilexios dos estamentos locais, fronte ao crecente intervencionismo da coroa. Así as Deputacións traballan dende a súa orixe para a defensa dos intereses dos poderosos e dos ses privilexios e son poratdoras dende a súa xénese de prácticas clientelares, dos favoritismos e as prevendas que “en boa medida hoxe en día seguen a practicar”. “Non é de estrañar polo tanto que o PP defenda a súa vixencia, tendo en conta os notabeis beneficios obtivos como axencia de colocación para o partido e do bo rédito eleitoral que lle teñen ofrecido” destacou Ramón Vázquez durante a súa intervención.
Por todo isto, dende Alternativa Galega de Esquerda defenden a desaparición das Deputacións provinciais e a transferencia das súas competencias e financiamento aos concellos ou a administración autonómica.







