Taller de emprego

 

O pasado mes de novembro a Xunta de Galicia deixou a Cambre sen Obradoiro de Emprego para o ano 2010. Unha vez mais o noso pobo sigue discriminado e os nosos veciñ@s negaselle a oportunidade de formarse para ter novas oportunidades de traballo.

Desde o noso grupo político consideramos que o Goberno do concello debe reprobar a actitude da Xunta de Galicia coa nosa localidade, o adoptar unha posición claramente discriminatoria cos cidadáns do resto da comarca ao non ofrecérselle por parte da Administración Autonómica as mesmas oportunidades para adquirir a formación necesaria e poder ter unha mellor saída á crise que estamos padecendo.

 

Como consecuencia desta decisión o noso Grupo municipal, presentará unha iniciativa no próximo pleno municipal, para que o Goberno de Cambre manifeste o seu rexeitamento a esta medida, deixando fora a nosa localidade dos plans de formación e emprego previstos para o ano 2010; e solicitar a Consellería de Traballo a sua rectificación para que incorpore a Cambre nos plans previstos.

Relacionados