Traballo municipal

 

Esquerda Unida ante a nutrida presenza de cargos municipais, militantes e simpatizantes, vén de constituir a área de elaboración colectiva de política municipal para dinamizar o traballo político tanto nas corporacións municipais como na rúa.

Coa presenza do que foi alcalde de Seseña que levou á práctica unha política participativa e loita contra a corrupción urbanística do seu concello, Manuel Fuentes, responsable de política municipal de IU, Esquerda Unida dá un impulso ao traballo municipal con vontade de elaborar de xeito participativo unha estratexia de derrota ao xa debilitado bipartidismo harmónico de PP e PSOE.

Na xornada de traballo, tratáronse temas fundamentais na traxectoria desta organización como son a participación cidadá a través das áreas elaboración colectiva, os atrancos que supón a aprobación da reforma da lei de administración local que o PP acaba de impoñer e ao que máis de 3.000 concellos interpuxeron recurso de insconstitucionalidade. Ante a agresión e recorte de dereitos deste bipartidismo, Esquerda Unida traballa pola participación cidadá como xeito de control.

 

Con todo isto, Esquerda Unida continúa a traballar para acadar unha confluencia máis que necesaria baixo unha estratexia común. A elaboración dun programa de acción da esquerda rupturista e transformadora con vistas a acadar unha confluencia será o obxectivo principal desta organización.

Relacionados