Transxénicos

 

A posición de EU é clara e contundente, estamos totalmente en contra dos cultivos transxénicos, como demostramos en todas as institucións, e mantemos unha posición moi firme de loita e oposición aos transxénicos, porque coñecemos as negativas consecuencias do seu cultivo. En España, onde aproximadamente o 20% do millo producido foi modificado xenéticamente, gran parte da producción tradicional está contaminada por transxénicos, o que chega a facer imposible a coexistencia entre estes cultivos e os tradicionais.

 

Esquerda Unida está a denunciar a falta dunha política estratéxica orientada a potenciar a agricultura ecolóxica na nosa Comunidade, a inacción do Goberno do PP nesta materia impide o despregue desta forma produtiva respetuosa co medio ambiente e a saúde da cidadanía. No seu lugar, e coa aquiescencia da Administración Autonómica, cada vez toman máis protagonismo os cultivos transxénicos, demandantes dunha gran cantidade de fertilizantes químicos contaminantes e prexudiciais para a saúde dos consumidores.

 

Esquerda Unida pula por lograr que o a Xunta declare a Galiza territorio libre de cultivos transxénicos e  promova, nos ámbitos da súa competencia, a extensión da declaración á totalidade do territorio español, realice as accións necesarias para avaliar os impactos económicos, ambientais ou doutra natureza que o cultivo de transxénicos estea ocasionando sobre o medio ambiente e sobre os cultivadores ecolóxicos e convencionais, e adopte todas as medidas necesarias para reducir a presenza destes cultivos ata a súa erradicación no noso territorio, xa que logo, é responsabilidade de toda autoridade administrativa velar pola seguridade dos consumidores e os dereitos dos agricultores cuxas producións vense contaminadas con variedades transxénicas, cuestión particularmente grave na agricultura ecolóxica.

Relacionados