Tsunami privatizador na sanidade

A vicevoceira de AGE, Yolanda Díaz, incidiu nas severas consecuencias que terá este novo recorte na saúde das persoas algo que parece non lle preocupar ao PP.

A deputada de AGE, Eva Solla, pola súa banda denunciou o novo proceso privatizador que ataca ao corazón sanidade pública galega en servizos como radioloxía ou cardioloxía intervencionista que xa nalgúns centros está semi-privatizado e que agora se presenta como unha colaboración público-privada que o que realmente significa é a privatización total do servizo no noso país e que non poden xustificar alegando criterios económicos xa que tal e como destacan os propios profesionais duplicará o custe que suporía renovar todos os aparellos do servizo (que calculan nuns 50 millóns de euros fronte os máis de 88 millóns de euros contemplados nos pliegos de condicións). Está comprobado que nos centros onde están xa semi-privatizado este servizo estase a dar un aumento inxustificado do número de probas realizadas superando o 25 por cento sen ter en conta os efectos negativos que este tipo de probas ten nas persoas.

“A prioridade queda clara no pliego de condicións xa que se puntúa con 50 puntos as cifras de negocio mentres que a seguridade ambiental e da saúde das persoas supón só 3 puntos o que deixa claros os intereses reais do PP” destacou Eva Solla quen asegurou que estamos ante “a descapitalización da sanidade pública” impulsada parte do PP.

A deputada de AGE, Consuelo Martínez, quixo pola súa banda destacar o problema de saúde pública que está a provocar o PP que están a deixar fora do sistema sanitario a milleiros de persoas coas súas políticas de austericidio mentres non senten rubor algún ao incrementar partidas para os partidos políticos. “Feijoo sempre quere ser o alumno destacado, o que máis recorta, o que máis ataca aos máis débiles sen lle importar non cumprir coa súa obriga como presidente da Xunta de velar pola saúde de todos os cidadáns do noso país e que é ademais unha cuestión de humanidade” sentenciou a deputada de AGE.

Relacionados