Convención provincial de Ourense

 

Esquerda Unida Ourense valora positivamente a participación cidadanía ourensana nesta Convención Provincial que tiña como obxecto establecer un espazo de debate onde cadaquén poidese facer as aportacións oportunas de cara a elaboración das liñas programáticas de EU de cara as vindeiras Eleccións Autonómicas.

Esquerda Unida considera necesaria a participación cidadá para achegar á xente á política e viceversa, para tamén amosar que é posible facer as cousas doutro xeito onde o consenso e a participación e o debate pasan a ser as liñas de traballo.  

 

A Convención tivo a seguinte orde do día e debate posterior:

 

1º Informe político

2º Aportacións ao programa das vindeiras eleccións autonómicas

3º Elección da Candidatura de EU Ourense

 

A xuntanza empezou ás 10.45h e rematou ás 12.50h

O Coordinador de Ourense, José Manuel G. Gutiérrez, fixo unha introdución xeral do motivo que convocaba a xuntanza e, a continuación, presentou polo miudo O Informe Político- Un proceso transformador da sociedade. Ideas para unha revolución cidadá- Despois abriuse unha participativa quenda de intervencións. Algúns asuntos tratados foron os seguintes:

 

– Necesidade de que EU estea máis presente na sociedade e nos medios de comunicación ainda que non teña representación institucional.

 

– Pular pola adxudicación de vivenda de prtección xa construida e sen adxudicar.

 

– Debater en profundidade sobre o método máis axeitado á hora de cubrir prazas de interinidade na administración pública-ensino, sanidade,etc.

 

-Debateuse sobre a necesidade de abordar de xeito valente o feito da concienciación social do ” decrecemento económico” como responsabilidade política e individual se queremos preservar o planeta para as xeracións vindeiras.

 

-Respecto a unificación de concellos con poca poboación houbo un debate moi controvertido. En todo caso sinalar que en caso de facelo efectivo, en circunstancias moi puntuais, se fose moi coidadoso con preservar todo o público, a atención veciñal,e o arraigo xeográfico e cultural .

 

-Establecer por lei topes salariais para os alcaldes e cargos públicos en xeral.

 

– No deporte, controlar todas as subvencións a entidades deportivas en detrimento do necesario pulo ao deporte de base.

 

-O Sindicato ferroviario adxunta unha ponencia contra a privatización do ferrocarril e en defensa do servizo público de transporte,potenciación e redimensionamento das empresas públicas ferroviarias.

 

-Pular para que dende a Xunta de Galicia se depuren todas as responsabilidades xurídicas da desfeita da banca e caixas de aforros.

– Revisar todo o tema do monocultivo da pataca na Limia e as subvencións á mesma. Favorecer o cooperativismo agrario e a recuperación do humidal da Lagoa de Antela.

 

– Obriga do pago do IBI de todas as institucións, incluida a igrexa católica e todas as igrexas .

-Derogación inmediata da Lei de familia de Galicia aprobada polo PP

 

Aprobouse por aclamación e entre aplausos e parabéns a Candidatura encabezada pola Responsable nacional da Ärea de Igualdade, Carmen Iglesias Sueiro, compañeira moi activa no traballo diario e na extensión da Organización. A candidatura complétanla compañeiros e compañeiras de O Barco de Valdeorras, Ribadavia, Xinzo de LImia, Verín, A Xuventude,Os Movementos Sociais e a Dirección de EU de Ourense, na proporcionalidade de xénero que marcan os Estatutos e que nos é propia.

Relacionados