manuel pea-rey.jpg - 17.67 Kb

Valoración da mobilización 7 de Abril

 

A presenza nas rúas de Ourense de máis de cinco mil persoas é algo que acontece e xeito moi extraordinario na nosa cidade e por eso pensamos que as xustas demandas que prantexa a Plataforma para mellorar a sanidade de Ourense teñen plena sintonía co que pensa a poboación. A plataforma agradece a participación de todos e todas os que alí estiveron e mesmo dos que sen poder estar presentes nos fixeron chegar as súas adhesións.

 

Polo tanto esperamos que tanto os responsables da Consellería como os xestores do Sergas tomen nota desta situación e poñanse a traballar nesa liña. Neste camiño a Plataforma vai seguir co seu traballo e redobrando sus esforzos despois deste importante respaldo recibido polos veciños e veciñas da provincia de Ourense. Neste senso tamén agradecemos que o Colexio de Psicólogos de Galicia, entidade que representa a este importante estamento profesional, respalde no último comunicado emitido ao respecto do problema de Toén, as nosas reivindicacións ao manifestar : “…… que a Administración non destina recursos para a creación de infraestruturas sanitarias axeitadas”, “Estanse a usar as instalacións dos vellos hospitais psiquiátricos, inapropiadas para a rehabilitación destes pacientes” e “Este conflito pon de manifesto, por un lado, a necesidade de procurar un trato digno ás persoas con trastornos mentais, a través dunhas instalacións equivalentes ás do resto de pacientes da sanidade pública en Galicia. E, ademais, facilitar un lugar axeitado para o seu tratamento rehabilitador, cumprindo as directrices marcadas na lexislación”, prantexamentos que coinciden cento por cento co manifestado na Plataforma no seu Manifesto.

 

Ao mesmo tempo anunciamos que nos próximos días dirixirémonos tanto a Conselleira de Sanidade, como ao Valedor do Pobo así como a tódolos Grupos Parlamentarios do parlamento galego para solicitarlle entrevistas para que podan coñecer de primeira man as nosas iniciativas e poder escoitar as súas propostas cara a encetar o camiño que poda dar solución as xustas, urxentes e necesarias demandas tanto da poboación como dos profesionais sanitarios desta provincia.

 

Relacionados