Valoración datos do paro

 

Segun os datos publicados hoxe pola Xunta de Galicia, Ponteareas ten un total de 2.687 parados fronte os 2.604 do mes anterior, cun aumento total de 83 persoas onde 1.231 son homes fronte os 1.190 do mes anterior  e 1.456 son mulleres fronte as 1.414 do mes anterior.

 

Este informe confirma que novamente as mulleres son o colectivo mais prexudicado cun aumento neste mes de 42 mulleres desempregadas mais, sen obviar o aumento de 41 novos homes  tamén desempregados.

 

Esquerda Unida denuncia que a situación social dalgunhas familias esta empeorando sen que o goberno municipal faga nada.Nin o PP nin  ningún grupo da corporación  tiveron en conta as propostas de EU de abrir os comedores escolares para poboación afectada en situación de exclusión social.

 

Esquerda Unida segue defendendo que o Concello abra de forma temporal os comedores escolares á poboación afectada, mentres non se aprobe, licite,constrúa e inaugure un comedor social, tal como consta na moción presentada por esta formación o pasado mes.

 

Esquerda Unida califica os datos do paro como un fracaso das políticas de emprego tanto do PP como do PSOE en tódolos niveis institucionais, políticas que responden os posicionamentos destes partidos  que defenden o sistema capitalista neoliberial.

 

Esquerda Unida  pelexará para estar na corporación municipal para que a clase obreira este representada no concello de Ponteareas.

Relacionados