paro.jpg - 4.20 Kb

Valoración datos do paro

Esquerda Unida lamenta que o PP non queira contribuír na reducción das listas do paro, xa que EU a semana pasada, envioulle 1151 firmas reivindicando novos pediatras, indicándolle por onde poden empezar a reducir esta sangría.

Non só na Sanidade se pode crear emprego senón tamén no ensino, e Xosé Henrique González Lago recórdalle o PP, tanto de Salvador González Solla como a Núñez Feijoo, que a construcción dun novo CEIP, tamén contribuiría a reducir as listas do INEM.

Unha vez mais, as prediccións  cúmprense, Xosé Henrique González Lago, tamén responsable nacional de EU Galicia na Area de Traballo, xa anunciará tanto en rolda de prensa, como nas distintas notas de prensa que si a política do PSOE en España ou a do PP en Galicia continuase na mesma liña esto íase converter nun autentico desastre.

Para González Lago a política levada acabo foi totalmente errónea, unha reforma laboral que valeu para despedir mais barato e mais fácil,  e unha reforma das pensións que lonxe de aportar solucións creou mais problemas, eso si, todo esto co beneplácito dada polos dous secretarios dos sindicatos maioritarios de  España, que a estas horas e con estes datos deberían tomar a mesma decisión do sr. Zapatero.

Esquerda Unida esta segura que a partires do 22 de maio esta situación mudará xa que o programa de EU leva para o concello de Ponteareas a creación de emprego  publico entre outras propostas.

Relacionados