paro.jpg - 4.20 Kb

Valoración do paro no mes de maio

 

O responsable de economía e traballo, Henrique González Lago, subliña o incremento de parados por provincia, sendo A Coruña quen encabeza a peor traxectoria en canto á creación de emprego.

 

Galiza segue a camiñar cara os 300.000 parados, a pesares das cifras deste mes de maio, onde semella que a contratación de traballadores se incrementou nun 0.37 % a respecto co mes de abril.

 

Así o número de parados na Galiza reduciuse en 1036 persoas, cifras pouco alentadoras si temos en conta as series históricas para a data na que nos atopamos.

 

Estes datos indícannos que voltamos aos valores de contratación do mes de marzo, o que vén a dicir que, unha vez máis a precarización do traballo domina o mercado laboral. É evidente a ineficacia das políticas de emprego que  non  conseguen  manter un plan de contratación que manteña a estabilidade.

 

Esquerda Unida – Os Verdes considera significativa a grave situación dos sectores galegos industrial e servizos, incrementando no que va de ano o número de desempregados en 4.210, cifra que continua en aumento e ven a demostrar situación de colapso que vive o tecido produtivo galego.

 

A executiva nacional de Esquerda Unida salienta que neste primeiro semestre de ano o número de desempregados na Galiza aumentou en 75.292 persoas, dato que pon de manifesto a incapacidade do Goberno da Xunta de Galicia para articular políticas activas de emprego que sexan quen de parar esta sangría que está a desarticular o pais e a súa sociedade.

 

O responsábel de economía e traballo, Henrique González Lago, subliña o incremento de parados por provincia, xa que unha vez máis, A Coruña encabeza a peor traxectoria en canto a creación de emprego, acadando neste mes de maio a cifra de 109.414 parados, mentres que o resto das provincias galegas, manteñen un leve aumento de contratación.

Relacionados