Valoración mesa redonda

 

Nas intervencións realizadas polos ex-secretarios xerais quedou claro que a contrarreforma laboral levada a cabo polo goberno do PSOE, para ledicia da dereita e da patronal, supón o maior ataque en democracia aos dereitos laborais da clase traballadora, cuxas consecuencias son o aumento da precariedade laboral, a intención de acabar coa negociación colectiva e o descrédito do sistema público de pensións.

 

No debate posterior os tres poñentes manifestaron a súa preocupación polo ataque inxustificado que se está a levar a cabo contra os sindicatos, ataque que procura que a clase traballadora quede indefensa ante os ataques do capital. Tamén recoñeceron que a unión de acción sindical é moi importante para acadar o éxito na loita por eliminar a inxusta e inxustificada contrarreforma laboral e que o ataque á clase traballadora e aos pensionistas se está a levar a cabo tanto polo Goberno Central como autonómico e, por suposto, pola patronal.

 

Por todo isto o Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela reitera o seu chamamento á cidadanía para a mobilización nos piquetes informativos e nas manifestacións que se levarán a cabo, recordando que o día 29 de setembro é o punto de partida das reivindicacións que unicamente rematarán cando se retire a contrarreforma laboral levada a cabo polo goberno de Zapatero e se retorne a unha política social de esquerdas.

Relacionados