Valoración Mobilización 12-12-12

 A manifestación contou cunha afluencia masiva na que centos de miles de persoas demandaron unha saída a crise pola esquerda, compatible cos dereitos sociais.

Yolanda Díaz considera que o éxito da manifestación é un claro aviso ao Goberno e á patronal de que os traballadores e traballadoras non permitiremos que se emporen as condicións laborais como camiño para a creación de emprego, coincidimos así coas palabras do Secretario Xeral de CCOO, Ignacio Fernández Toxo “precarizar” o traballo é a forma máis rápida de chegar ao conflito” e “está manifestación non é a estación de termo de nada, senón que no futuro as organizacións sindicais actuaremos en consecuencia das políticas que se poñan en marcha”. Neste senso, Díaz indicou que Esquerda Unida apoiará todos os actos reivindicativos que convoquen os sindicatos, xa que logo, son os representantes dos traballadores e traballadoras.

A manifestación contou cunha nutrida participación de simpatizantes de Izquierda Unida, encabezada polo Coordinador Xeral Cayo Lara quen pediu ao Goberno que xire á esquerda a súa política económica porque non está sabendo saír da crise, polo que insta a ser “valente” na súa política económica e a “despegarse das ataduras dos grandes poderes económicos”, especialmente da banca. Este “toque de atención” colectiva a empresarios e Goberno debe servir para cambiar a política económica, precisa Lara, quen advirte de que, do contrario, seguirán dándose as condicións para que cada vez máis os traballadores esixan aos sindicatos unha “folga xeral”.

O Coordinador Xeral precisou que o Executivo desperdicio a oportunidade de presentar uns Orzamentos Xerais do Estado para 2010 cun marcado carácter social, cuxo obxectivo esencial fóra combater a crise apoiando a economía real, especialmente peme e autónomos, incrementando o investimento público de forma selectiva e mellorando os servizos sociais. Pola contra, presentou un proxecto inverosímil sustentado nunhas previsións económicas dificilmente alcanzables dada a evolución da economía. Un proxecto inxusto porque prima a necesidade de reducir gastos, e polo tanto limitar os servizos públicos e a I+D+i, ante a necesidade dunha reforma fiscal xusta, progresiva e valente.

Cayo Lara expresou a súa decepción polo anteproxecto de Lei de Economía Sostible, coa constelación de medidas dispersas que lle acompañan. Non aparece por ningún lado que o obxetivo do novo modelo económico sexa a súa sostenibilidade humana e medioambiental. É dicir, o pleno emprego, digno e estable, un desenvolvemento respectuoso co medio ambiente, o reparto equitativo da riqueza e maior democracia na economía e na empresa.

Relacionados