Valoración pleno do Parlamento

O pleno do Parlamento de Galicia, mostrou nestes dous días de celebración, ante as declaracións dun goberno fóra da realidade, que a rebelión cívica é necesaria e urxente.

Esquerda Unida considera que o Partido Popular non está á altura das esixencias da cidadanía. Feijóo tira balóns fóra cando falamos de desemprego, ante as iniciativas presentadas pola maioría social deste país o presidente non se digna a asistir, cando falamos de educación aposta polo adoutrinamento. Está é a realidade dun goberno que durante a campaña electoral era defensor dos servizos públicos e durante o seu mandato, defende e pelexa pola privatización dos mesmos.

A executiva nacional de Esquerda Unida considera o pleno do Parlamento unha exposición de argumentos vacíos por parte do PP que non aporta ningunha proposta para mellorar a situación da cidadanía galega. O sinxelo é pedir que a oposición propoña para que o PP resolva, como plantexaba Feijoo no último pleno, e a oposición propón, e o Partido Popular rexeita, exemplo delo é a proposición non de lei sobre desafiuzamentos, ante a que calquera goberno sensible coa problemática de milleiros de familias que se atopan nesta situación, o fácil sería aprobar a proposta, máis non é unha necesidade segunto os dirixentes da miseria.

Yolanda Díaz, deputada e coordinadora nacional de Esquerda Unida tilda de “terrorismo de estado a non actuación do Partido Popular de Galicia ante o elevado número de desafiuzamentos que se producen en Galicia sen que exista unha política que os combata”. Terrorismo de estado tamén é deixar á cidadanía sen sanidade universal, tamén criar aos nenos e nenas nun ensino precario e mercantilista. A inacción dun goberno ante a situación de miseria á que están a levar á cidadanía, é unha barbaridade que temos que erradicar. O pobo decide e ordena, a rebelión cívica será a que deba poñer fin as politicas de agresión que o PP está a desenvolver.

Por todo esto, dende Esquerda Unida emprazamos á cidadanía a rebelarse contra os poderes económicos e mercantilistas que este goberno do Partido Popular está a aplicar sobre a clase traballadora.

 

 

Relacionados