Valoración resultados CPN

Esquerda Unida, que presentou 24 candidaturas na Galiza, obtivo resultados alentadores porque reflectiron unha suba na meirande parte das localidades onde se presentaron candidaturas. Salientar a entrada na Coruña e as alzas en Compostela, Vigo e Gondomar que quedaron ás portas de entrar no concello.

Na xuntanza do máximo órgano de decisión de esquerda unida, o consello político nacional (CPN) constatouse o alto grado de cohesión interna da organización e valorouse positivamente os resultados das eleccións municipais onde se experimentou un importante crecemento en votos. Así o documento político aprobouse con todos os votos a favor, agás unha abstención.

 

Subliñar que a lei electoral ten xogado contra as arelas de cambio que expresaron as cidadás e cidadáns que votaron EU. A súa reforma semella unha demanda inaprazable. O seu cambio tería producido a nosa entrada en prazas relevantes coma Compostela e Vigo. Xa que logo o CPN ratificou a defensa da democracia participativa ao tempo que esixiu aos poderes públicos a reforma da lei electoral que considera inxusta e antidemocrática.

 

Esquerda Unida atópase agora en mellores condicións para profundar no achegamento social que supón o proceso de Refundación da Esquerda na Galiza. Proceso que adquire importancia vital diante do fondo malestar social como amosa o movemento do 15 M, movemento da indignación que coas acampadas en Sol ou no Obradoiro, que están a demandar exixencias históricas de EU.

 

Esquerda Unida fará valer os votos acadados para defender un programa de acción pública e social nos concellos congruente co noso programa alternativo de transformación social e en concordancia coas decisións tomadas a nivel federal o CPN ratificou por unanimidade o compromiso de EU de impedir, na medida das posibilidades, que goberne o Partido Popular e aqueles que apliquen políticas de dereita.

Relacionados