Vanessa Angustia demanda na Comisión de Emprego maior seguridade laboral para as persoas que traballan no mar

A senadora de En Marea, Vanessa Angustia, defendeu esta mañá na Comisión de Emprego unha moción sobre a ratificación do Convenio 188 da OIT de seguridade nos traballos do mar.

“O sector pesqueiro é esencial, polo que pedimos a ratificación do convenio sobre a seguridade das traballadoras/es do mar”, explica Vanessa Angustia.

Segundo conta a senadora, “defendemos os dereitos das traballadoras/es do mar nun sector que xenera 40.000 traballos directos e 100.000 indirectos”, incide. “Debemos ser punteiros no sector pesqueiro. Cómpre ratificar o convenio 188 e incluír na lexislación melloras na prevención de accidentes”, remata Angustia.

Finalmente, o PP votou en contra porque non se está en situación de garantir a seguridade e a saúde dos traballadores e traballadoras do mar, algo que se está a facer rematadamente mal.

Relacionados