Vanessa Angustia fala da construción dunha cultura feminista no coloquio “Xaque mate ao patriarcado”, en Madrid

Vanessa Angustia, membro da dirección de Esquerda Unida, senadora de En Marea e voceira adxunta do Grupo Parlamentario Confederal UP-En Comú Podem-En Marea participou este sábado na xornada contra a violencia machista que levaba por título: “Xaque Mate ao patriarcado”, organizada por Izquierda Unida.

Neste coloquio, Vanessa Angustia sinalou a importancia de construír unha cultura feminista para acadar a igualdade real. “O patriarcado establece estruturas baseadas na dominación e a articulación de roles, onde a muller non sae ben parada”. Neste senso, “nas nosas relacións non temos que repetir un modelo dogmático do patriarcado que nos ensinaron, temos que tender a unha estrutura relativista onde todas sexamos libres e felices; ao fin ao cabo, é a nosa vida”, sinalou.

Podes ver os vídeos da xornada dende aquí

Relacionados