Vanessa Angustia: “Non se debería educar na violencia das touradas dende unha televisión pública como é a RTVE”

A senadora de En Marea, Vanessa Angustia, vén de preguntar ao Presidente da cadena pública Radio Televisión Española (RTVE) como vai aplicar a Instancia dos Dereitos do Neno e Nena da ONU, que implica a prohibición da exposición a menores á violencia da tauromaquia.

“A nosa propia lexislación tamén protexe de maneira especial aos menores e adolescentes, que non deberían estar expostos á violencia das corridas de toros. Doutra banda, os animais deben ser recoñecidos como seres dotados de sensibilidade, polo que hai que ter moito coidado con estes contidos de especial protección”.

“Dado o carácter público de RTVE, os contidos deben vincularse a fins sociais e educativos. Non se debería educar na violencia das touradas. Educar en violencia nin sequera é educar”, di a senadora de En Marea, Vanessa Angustia.

Ver a súa intervención dende aquí

Relacionados