Vanessa Angustia: “Un de cada catro estudiantes sofre acoso por razóns de orientación sexual”

“Un de cada catro estudiantes sofre acoso por razóns de orientación sexual. O 80% declara que escoitou insultos a outras persoas por este motivo e, o 60% de alumnado, declara sofrir ciberacoso por razóns de orientación sexual ou de xénero”. Estas son as cifras lembradas pola senadora de En Marea, Vanessa Angustia, que denuncian o acoso constante que sofre o alumnado e o difícil que é o camiño a prol da educación na diversidade.

A senadora de En Marea vén de defender no pleno do Senado unha moción que tiña por obxectivo instar ao Goberno, en colaboración coas administracións autonómicas, a reforzar a igualdade e a visibilidade das persoas LGTBI (lesbianas, gays, trans, bisexuais e intersexuales) no ámbito educativo.

Esta moción recollía entre as súas propostas: incluír no currículum educativo contidos que fomenten a educación en Dereitos Humanos e a valorización da diversidad afectivo-sexual, de xénero e familiar; deseñar un programa de formación de docentes sobre a igualdade de dereitos das persoas LGTBI; crear un protocolo específico contra o acoso e a violencia escolar por motivos de orientación sexual, identidade de xénero e expresión de xénero; e aplicar os Principios de Yogyakarta na lexislación nacional relativa a Dereitos Humanos.

Todos os grupos parlamentarios con representación no Senado apoiaron a iniciativa, agás tres abstencións e do voto contrario do Partido Popular, que rematou por tumbar no Senado unha moción que pedía reforzar a igualdade e visibilidade das persoas LGTBI no ámbito educativo.

Ver a intervención de Vanessa Angustia dende aquí

Relacionados