Verquidos en Coruxo

Esquerda Unida pide que o Concello exisa ao Ministerio de Fomento, Aguas de Galicia e a UTE que realiza as obras a colocación de controladores deste perigoso gas nas vivendas que rodean as obras e denuncia que existen riscos evidentes de emisións deste gas letal en ambientes pechados. EU ten constancia do desaloxo dunha familia por altas concentracións deste gas medido pola propia empresa constructora e dubida dos procedementos de seguridade nas obras da nova depuradora.

O coordinador local de EU, Rubén Pérez, xa empezou a tomar contactos con delegados sindicais de empresas colindantes para solicitar garantías de que “están sendo cumplidos os criterios da Lei de Prevención de Riscos Laborais e se na planta existen detectores fixos ou portátiles de gas sulfídrico, metano e outros gases e dos riscos que corren os traballadores da planta e das empresas colindantes que non teñen sido informados dende o inicio das obras

Do mesmo xeito EU quere claridade sobre o tipo de verquido que obrigou a pechar ao baño a praia da Calzoa en Coruxo colindante á desembocadura do lagares donde se está a colocar o emisario submarino e que polas fotografías realizadas por EU este venres obrigou a colocar balizas anticontaminación no medio da ría.

O coordenador local de EU, Rubén Pérez, acompañado de veciños e veciñas da zona, visitou as inmediacións das obras comprobando a persistencia de olores e os propios carteis colocados pola policía local para recomendar non bañarse na praia.

Esquerda Unida de Vigo sigue defendendo que a nova depuradora, e a actual fase de obras, está vulnerando varias normativas comunitarias, especialmente na Directiva Marco da auga 2000/60/CE, a Directiva 91/271/CEE relativa ao tratamento de augas residuais urbanas, a Directiva 2006/77/CE relativa á xestión da calidade das augas de baño, a Directiva 96/61/CE relativa á prevención e control integrados da contaminación, a Directiva 79/923/CE sobre a calidade esixida ás augas para a cría de moluscos, a Directiva 92/43/CEE (Hábitats) e a Directiva 2006/11/CE relativa á contaminación causada por determinadas sustancias perigosas vertidas no medio acuático.

 

Relacionados