Vertidos no Tea

 

 

Así, estes anuncios tiveron o seu máximo expoñente nun acto propagandístico na parroquia de Xinzo. O Alcande de Ponteareas, Salvador González, xunto ao Conselleiro de Medio Ambiente Agustín Hernández anunciaron a mellora da actual estación depuradora de augas residuais, a construción dunha nova, con capacidade suficiente para 20.000 habitantes e o remate no 2012 da última fase de saneamento das parroquias de Xinzo, Arnoso e Areas.

 

Máis alá de que dende Esquerda Unida non consideremos que a construción dunha gran depuradora, dada a dispersión da poboación no Concello, non sería a solución máis adecuada, no seu momento xa expresamos a nosa desconfianza con estes anuncios. Durante todos estes anos que a dereita leva gobernando no Concello de Ponteareas e en Galicia, a cuestión da depuración dos vertidos sempre foi deixada de lado. É unha cuestión ideolóxica: para estes partidos as cuestións medioambientais non poden supoñer un freo a súa política de especulación inmobiliaria na que uns poucos se enriquecen aínda que sexa a costa de estragar os bens públicos. Sólo hai que pensar no caso do convenio do Barral, no que a cambio dun terreo para facer o novo instituto, todos os grupos da corporación municipal aceptaron alegremente unha recalificación urbanística que permitiría facer máis de 1000 vivendas nesa zona sen ter en conta para nada as cuestións de abastecemento de auga potable e de depuración de residuais.

 

O feito é que a pesar dalgúns movementos de terra que se fixeron, a situación dos vertidos de augas sen depurar ao Río Tea, lonxe de mellorar, empeorou: a maior parte dos vertidos segue ahí e ademáis agora a auga que sae da estación depuradora, que se supón debería sair limpa, vértese ao río en peores condicións que antes. Calquera que esté interesado o pode comprobar. Somente ten que pasearse polas inmediacións da EDAR para ver o que se está vertendo ao rio dende a depuradora, por non dicir os vertidos que non pasan por ela.

 

Todo isto fai que nos ratifiquemos na nosa desconfianza coas intencións do Goberno Municipal de Ponteareas. Dende Esquerda Unida esiximos públicamente aos gobernantes municipais que tomen medidas reais para erradicar os vertidos de augas residuais ao rio Tea e que se deixen de maniobras propagandísticas. A situación do río non admite demora e dende Esquerda Unida non podemos entender que se este anunciando o remate do saneamento das parroquias de Xinzo, Arnoso e Areas para antes de ter unha solución á depuración das augas residuais. ¿Qué é o que teñen pensado facer coas augas residuais que recollan estes colectores se a actual infraestrutura de depuración é completamente deficiente?. Indudablemente contaminar aínda máis o rio Tea.

Relacionados