cayo1.gif - 18.22 Kb

Visita de Cayo Lara a Ferrol

 

Consello comarcal reafirma a posibilidade doutra política económica posible e favorable aos intereses da maioría social traballadora, posibilidade que necesita da forza da participación social e dos sufraxios para dotar a EU da representación suficiente que faga posible esta política económica e social alternativa.

 

A axenda do Coordinador Xeral pecharase ao comezo da vindeira semana,  mais xa podemos anunciar que  o actual responsable federal de IU participará nun xantar de confraternidade aberto a simpatizantes, que o Consello comarcal está a organizar. O xantar será o do venres, día 28,  e as persoas interesadas poderán apuntarse chamando ao teléfono de contacto ( 648 808 732 ) ou no enderezo de correo electrónico seguinte: eu-ferrolterra@esquerdaunida.org. O Consello comarcal fai un convite as veciñas e veciños de Ferrol para que veñan compartir connosco e con Cayo Lara unhas horas de lecer e de razóns críticas ao abeiro dunha boa comida.

 

O Coordinador Xeral vai participar tamén  nunha charla – coloquio organizada polo Club de Campo dentro do seu  coñecido ciclo anual de conferencias. Acto público con entrada aberta, ao que Esquerda Unida anima a nosa veciñanza a asistir e participar, para no diálogo crítico co Coordinador Xeral atopar respostas e desvelar interrogantes acerca da actual situación política e social. Cayo Lara avanzará na súa ponencia as propostas programáticas que Esquerda Unida ten preparadas para conquerir unha saída con solucións de esquerdas á crise.

 

Hoxe maís que nunca a nosa sociedade precisa dunha razón crítica disposta a arriscar na defensa da clase traballadora e dos sectores populares. Xa non valen as políticas neoliberais que nos conduciron a crise. Hoxe máis que nunca as propostas programa´ticas de Esquerda Unida semellan más necesarias que nunca.

Relacionados