Vivendas Recimil baleiras

 

 

EU considera unha vergoña as dilacións indebidas coas que o PP está a negarlle ao acceso a unha vivenda a máis dun cento de familias que necesitan e teñen acreditado polo concello a necesidade de ter unha vivenda no barrio.

 

Quizabes o PP busque especular co barrio propiciando a súa degradación material e social; quizabes  este Goberno queira facer obras de demolición  maiores logo de ter destrozado a Fábrica de Lápis ou de abandonar a súa desgraza a casa de Carvalho Calero; mais hai un acordo e un proceso de selección que hai que respectar  lle goste ou non ao Goberno Municipal.

 

EU achegará no Congreso unha iniciativa que reserve unha partida orzamentaria  para propiciar un acordo tripartito Xunta, Estado e concello que permita pór en marcha a rehabilitación integral do barrio. Namentras cómpre desenvolver as medidas conducentes a procurar o maior benestar material do barrio e da súa veciñanza, non abandonalo ao desinterese que adoita amosar o PP.

 

Relacionados