Votos de EU non contabilizados

 

Como é sabido, nas pasadas eleccións xerais do 20 de novembro EU triplicou no municipio de Lugo os votos acadados en 2008. De feito, os 2.745 votos (4,91%) fronte aos 970 (1,66%) de 2008, eran os mellores resultados da historia da agrupación luguesa nunhas eleccións xerais. Desde a mesma semana das eleccións, EU solicitou reiteradamente o CD cos resultados oficiais e definitivos da provincia sin éxito.


A pasada semana, unha vez en posesión dos resultados, EU constatou que a única mesa electoral con cero votos era a correspondente ao Distrito 3 da Sección 009, Mesa U do municipio de Lugo (028), emplazada na Escola Infantil de Paradai, na rúa Narciso Peinado.


Esta é tradicionalmente unha das principais mesas para EU en canto ao número de votos. Nas pasadas eleccións municipais o resultado para EU foi de 31 votos. De feito, é a mesa onde votan varios afiliados e familiares destes. Polo tanto, EU denunciou a imposibilidade de non contar con votos nesta mesa electoral e sinalou que a cantidade estimada era de 50, tendo en conta o incremento das mesas contiguas ao colexio, como se demostra no seguinte cadro:


                                         Municipais 2011     Xerais 2011    Incremento

Edificio Xunta de Galicia          A  14 (3,7%)           30 (7,44%)           16

                                             B   21 (4,51%)        40 (8,53%)           19

   

Edificio de Sindicatos              A   28 (5,46%)         54 (7,69%)           26

                                            B   27 (4,13%)         32 (5,82%)            5


Desde EU solicitamos á Xunta Electoral a revisión da acta, feito que se produciu o martes día 30 de xaneiro. O coordinador, o secretario de organización e o candidato ao Congreso poideron constatar que a acta reflexa os votos reais correspondentes a EU: 49 (6,47%).


Queremos destacar a dilixencia y a correcta actuación dos compoñentes da mesa electoral que cumpliron o seu traballo respetando escrupulosamente a Lei Electoral (LOREG). Así se traduce da revisión da acta, onde constan correctamente todos os requisitos que marca a Lei.

    
Hai que dicir que EU é nesta mesa a terceira forza máis votada, por enriba do BNG. Con esta mesa, EU supera en 52 mesas o 5% dos votos, e en 8 delas é a terceira forza política por detrás do PP e o PSOE.
Ademais, a acta reflexa que nesta mesa votaron realmente 778 persoas, fronte ás 729 que reflicten os resultados definitivos ofrecidos polo Ministerio de Interior.


É preciso sinalar que EU quedou, segundo os datos do Ministerio, a 48 votos de acadar o 5% de media na cidade. Cos 49 votos que realmente obtivemos na Escola Infantil de Paradai o resultado global no municipio é de 2.794 votos, o 5%. É dicir: extrapolando os resultados a unhas eleccións municipais EU tería representación asegurada e sería chave no Concello de Lugo.


Contamos coas iregularidades de dúas administracións: a Subdelegación do goberno cando facilita os resultados provisionais, e a Xunta Electoral cando dá por bós os resultados sen revisalos. Ademais, non so se altera o resultado de EU, tamén se fai cadrar o número total de votantes para adaptalo aos resultados sen EU.


Estes resultados afectan ao cómputo xeral dos resultados do municipio, por canto o número de votantes (57.048) facilitado polo Ministerio de Interior é menor ao real (57.097), en concreto 49 menos dos que realmente votaron. Reclamamos que se aclare que pasou para que os votos de 49 cidadáns e cidadás de Lugo non consten nos resultados definitivos aportados polo Ministerio de Interior. 

 

Estamos asesorados polos servizos xurídicos de IU federal para presentar as oportunas reclamacións. Pero mentras, podemos asegurar que, prospere ou non, nos dirixiremos aos veciños e veciñas que votan no colexio electoral da Escola infantil de Paradai para explicarlles os feitos e darlles a coñecer as nosas accións encamiñadas a conseguir que os seus votos se vexan reflectidos no total definitivo.

 

EU ten unha sensación de indefensión e desconfianza. Non se trata dunha incidencia no colexio electoral que se poida subsanar coa presencia dun interventor ou un apoderado. Trátase dunha irregularidade cometida pola la Administración. Esta irregularidade está nos datos que se comunican ao ministerio, e para iso teñen que pasar tres cribas: o reconto provisional da Subdelegación de Goberno, outro reconto provisional da Xunta Electoral e o reconto definitivo.


Escola Infantil de Paradai

    
Resultados reais

Nulos 18. Brancos 13.


votantes     PP      PSOE    EU                  BNG  UpyD  PACMA  CXXI  UCE

   778         390      252      49 (6,47%)       44       8         4        0      0


Resultados aportados polo Ministerio de Interior

Nulos 18. Brancos 13.

 

votantes     PP      PSOE    EU  BNG  UpyD  PACMA  CXXI   UCE


    729        390      252      0    44       8         4        0       0

 

Relacionados